martes, 10 de febrero de 2009

Cousas de internet

Bueno (e logo saberedes porque), chega un a casa despois dunhas horiñas no politecnico e pensa, vaia, ainda son as 4 da tarde (16 horas), podo andar unha horiña por internet e logo ainda podo volver ao traballo, a descubrir máis información sobre o apaixoante mundo das augas residuais.
Así que son as 8 da tarde (20 horas) e aquí estou, intentando deixar por fin o ordenador aparcado.
Un comeza por facer as clásicas visitiñas: correo, fotolog (moi interesantes onte e hoxe), tuenti, facebook, fontaneros... Non vou enumeralas todas por respecto á miña nai que le estás liñas e que me está a pagar os estudos en Milano, non as horas invertidas en internet (si, é certo, tampouco as enumero todas polos contidos dalgunhas, ti xa me entendes Mario).
O caso é que nestes tempos de eleccións cada certo tempo me deixo caer polo videoblog de anxo quintana (quin.tv). Por certo os outros dous tamén teñen videoblog e o de feijoo é bastante simpático, a maioría dos vídeos son del na súa casa mirando pola ventá ou almorzando e facendo como que lle xurden reflexións espontáneas ao que o rodea.
Vaia, xa me estou indo por outros lares, xa case escribo como falo (outra perla que deixo caer).
Así que nesas estaba cando vin que Quin contestara unha pregunta sobre reintegracionismo. Quin amosábase proclive a achega do galego ao portugués. O que lle fixera a pregunta agradeceulle a contestación e incluíu o link da súa web. Así que como bo internauta accedín á citada páxina. O primeiro que descubrín é que esta non fora a primeira volta que estivera nela xa que outro día coma hoxe, mais (terrible, outra perla) naquela ocasión a través da Voz de Galicia accedera ao blog da rapaza namorada de feijoo, a de ilovefeijoo, e a esta rapaza fixéralle unha entrevista un tal alema. O alema este é o autor da páxina da que hoxe vos quero falar.
É unha paxina en defensa da lingua galega e da súa norma existente. Está moi ben porque o tipo defende as súas ideas ata a fin e as argumenta moi ben. Pero ademáis na páxina postean moitísimos “reintegratas” como el os chama, que aportan interesantísimos datos e ideas tamén a ter en conta. Vaia, que ten bastante nivel. Moi recomendabel.
http://alema.org/
Un dos temas máis curiosos é o do bueno como interxección, montaron ata un grupo en facebook, e as opinións que se verten na páxina son moi boas e curiosas.
Na páxina tamén hai entrevistas, por exemplo a Suso de Toro, gran autor e gran pensador polo menos para min. E digo para min porque nesta entrevista só tres persoas postearon. Nembargante lin outra entrevista que espertou o interese de moitos. Unha gran entrevista:
http://alema.org/2009/02/02/freixeiro-mato-coa-norma-rag-podese-construir-un-galego-mais-autentico/
A foto é boísima (son cravadiños!!!), a entrevista boísima e os comentarios dos internautas tamén... que respecto lle amosan.
Na próxima visita á Coruña intentarei que me explique ben isto do futuro de subxuntivo ou o infinitivo flexionado.
Aínda recordo todas aquelas queixas de Bea porque o escribir o seu proxecto molestábanlle os cambios que sufrira a normativa galega pola súa achega ao reintegracionismo. Fíxate ti por onde, compartíu pupitre co fillo do gran impulsor de todo isto.
Para rematar dous grandes frases dos Freixeiros.
A primeira contouma Iago un día que falabamos de política e políticos con carisma. Díxome que seu pai lle definira a Beiras con estas palabras: “Beiras... Beiras é un Djalminha”, enténdase capaz de facer maxia cando xoga contra o madrid e de desaparecer contra o alavés.
A segunda foi a contestación do propio Iago cando no bar da ETSE lle preguntaron a que hora tiña clase: “Teño clase de 4 a 6 e de 6 a 4”

4 comentarios:

Unknown dijo...

graciñas polas túas palabras agarimosas :)

unha aperta

DoctorFausto dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
DoctorFausto dijo...

Hala que grande! Non sabía eu a existencia de semellante relación. Temos un famoso na clase e non o sabiamos.
Chamoume especialemnte a antención o derradeiro post que hai a día de hoxe: http://alema.org/2009/02/12/so-o-04-dos-cidadans-ven-no-galego-a-sua-principal-preocupacion/
Por dar unha porcentaxe bastante similar á calculada a machete o outro día na dicusión do fotolog.

Anónimo dijo...

Grande Miguel!
Boa entrevista e boas citas que sacaches xDD.
Unha aperta