miércoles, 21 de enero de 2009

De que escribir?

De que podo falar eu?

Vaia, boa pregunta, supoño que o blog usareino para falar dos temas que máis leo, dos que máis me intereso. Supoño que algunha entrada de música e fútbol caeran, pero quizais o tema que máis me apaixoa a min, o tema polo que as veces non concibo o sono (amen das mulleres) e me fai pasar a noite en vela soñando, esperto pero soñando, cun futuro mellor para todos nós é o tema de Galiza.

Podédeslle chamar nacionalismo ou como queirades, quizais o máis apropiado sexa conciencia de país. Ben, parece pois que o tema é a política... Pois non.

O tema é Galiza: o seu mar, a súa historia, a súa xente, as súas empresas, o seu millón de vacas... a súa política por suposto... Hai moito de que falar e poucas veces teño gañas de sentarme a escribir, así que comecemos.

Estamos no ano 2009, apunto de ter unhas eleccións nas que o normal sería que o goberno bipartito recibise a confianza do electorado e gobernase alomenos catro anos máis. Neses catro anos é posible que se reforme o estatuto e se descentralice máis a cousa. Galiza gañará en peso político e deberá comezar a facerse oir polas institucións europeas, negociando por fin de tu a tu, negociando para os intereses de Galiza, para os dos galegos.

Que bonito quedou esto. E se non ocorre.... ahhhhhhhhh!!!! que será de nós. Pasarános o de sempre, menos mal que seguro que acontece unha catástrofe e podemos pedir axudas a Madrid. "Pobriños os galegos, por enriba de hablar mal sempre lles cae algunha".

Bue o Mundo está en crise, e non me refiro ó xornal. A economía mundial vai ó carallo. Sin embargo eu recordo que cando estiven na vila en nadal a xente enchía as cafeterías e tendas, e cando fun comer a un restaurante de toda a vida a maioría dos camareiros eran agora arxentinos. Non debe de estar tan mal a cousa. O caso é que a sociedade galega vive no primeiro mundo, podemos estar nas nosas casas en inverno a 20ºC escollendo entre 50 canles na televisión ou vendo en youtube a última paliza que uns rapaces lle dan a outro na escola.

Temos as vantaxes e defectos do primeiro mundo.

Durante algúns anos pedín por nadal ós meus pais debuxos de Castelao, albuns como o de Nós. Eran reflexos da sociedade galega (os galegos non piden, emigran...). Erizábaseme a pel ó ver aquelas obras mestras.

E agora, agora deixamos 60 euros en sair en fin de ano de troula cos amigos. Bó sinal, a cousa mellorou, pero que pasa co sentimento de vitimismo. Pois o caso é que ese sentimento está tan enraizado entre a xente que a sociedade galega acaba sendo escrava del.

E un sentimento que abrangue a tódalas castes sociais e a tódalas ideoloxías.

Quizais a xente xove debería comezar a pensar que temos o que nos merecemos, o que nos procuramos ou procuraron para nós os nosos antepasados e o momento histórico, e xa está. Pero nós tamén formamos parte da historia, ou polo menos formaremos parte dela. Hai que comezar a cambiala. Hai que deixar de ser vítimas, de mirar á política con recelo, de agardar as desgracias para poder queixarnos.

Somos o país de Zara, de Zeltia, de Pescanova. Somos o país no que moita xente por defender o seu pan xogouse a vida recollendo chapapote coas mans sobre chalanas.

É o noso momento, o momento de ser optimistas por natureza como di o anuncio e conseguir esa conciencia social que nos falta.

É o momento de deixar de pensar en emigrar porque alá se cobren catro perras máis, é o momento dos emprendedores, dos que crean, dos que fan pais co seu traballo.

Fai catro anos a sociedade sorprendeuse a si mesma ó decir basta á corrupción. Quizais agora debamos subir o seguinte chanzo.

3 comentarios:

DoctorFausto dijo...

Esto si que non o esperaba. Xa tes un fiel seguidor

Martin dijo...

Agradezo poder ler unhas liñas desta calidade e con tanto sentimento. Despois de tantos anos grazas a isto podo dicir que coñezote ainda mais. Animote a seguir estas liñas. Un saudo dende a terra

CRISSS dijo...

Jo, como me alegro de que te decidises a facer un blog!!! Agora a seguir publicando.
Moitos bicosss